03-04-2012XII Concurso de relato oral Tíralle da Lingua
A AS-PG convoca unha nova edición do concurso de relato oral Tíralle da lingua, dirixido a alumnado de primaria, ESO e ensino postobrigatorio, co obxectivo de fomentar o uso oral do galego. A inscrición está aberta até o 17 de abril, e a fase final terá lugar o 26 de abril
Tíralle da lingua é un proxecto da
AS-PG dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de fomentar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc. En definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
BASES DO CONCURSO
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou de creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)
4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
5ª O concurso vai destina a tres niveis académicos.
1) Primaria
2) 1º Ciclo de ESO
3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio
6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
1) A nivel de centro de ensino
2) A nivel nacional
7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos/ás concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se lles comunicará aos centros.
8ª A formalización da
inscrición no concurso por parte dos centros realizarase
antes do día 17 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.
9ª A
fase final celebrarase o 26 de abril en Santiago de Compostela, no IES Rosalía de Castro, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.
10ª Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará de secretario/a un representante da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
13ª A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases.