CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


10856 votos
Votar | | | |


12-01-2012

Valentín García Gómez, novo secretario xeral de Política Lingüística

Valentín García Gómez, novo secretario xeral de Política Lingüística
O até agora técnico de normalización lingüística do Concello da Estrada e coordinador da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta é o substituto de Anxo Lorenzo á fronte da Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno galego, co que xa estaba colaborando


Núñez Feijóo incorpora ao seu goberno a Valentín García Gómez para seguir executando a súa política lingüística. Previsibelmente a súa acción será continuista coa do secretario xeral saínte, xa que Valentín García xa estaba colaborando con Anxo Lorenzo e mesmo asumiu a coordinación da Rede de Dinamización Lingüística, un proxecto con numerosos inconvenientes que puxo en marcha o goberno galego sen ter en conta as propostas de mellora feitas desde o ámbito técnico e, en concreto, desde a CTNL.

VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ
Abades, Silleda, 1970. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Dende 1994 é responsábel técnico do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Estrada. Desde finais de 1996 a principios de 2002 foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

DO CONSORCIO Á POLÉMICA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A finais de 2011 asumiu a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística, unha proxecto que desde a CTNL cualificamos como incoherente e prexudicial para os servizos de normalización lingüística (SNL). Esta rede, en teoría, pretende coordinar o traballo a prol do galego desde as administracións locais, mais, na práctica, non conta con estes departamentos técnicos: non é necesario contar con SNL para que os concellos formen parte dela, polo que non ten sentido coordinar o traballo en dinamización lingüística sen unidades técnicas que desenvolvan ese traballo. Isto, sumado á suspensión das axudas en 2011 para o seu mantemento, supuxo o peche de, cando menos, 16 servizos de normalización lingüística (SNL) noutros tantos concellos. [Informe da CTNL sobre a RDL (.pdf)]

Na lexislatura anterior, Valentín García ía ser nomeado, por parte da anterior secretaria xeral, Marisol López, xerente do Consorcio de Planificación Lingüística, un organismo que, no último momento, non se chegou a constituír, e do que formarían parte diversas entidades co propósito de crear servizos de normalización lingüística con equipos humanos multidisciplinares para poder intervir no conxunto do país. A finais de 2008 Valentín publicou un artigo no web da CTNL, Os pes do consorcio, no que sinalaba que “A constitución do consorcio é algo que temos todo o dereito de reivindicar” e no que indicaba varias razóns, todas que comezaban por p-, polas que é necesario ese organismo: planificación, posicionamento, proximidade, prestixio, profesionalización e protección.

Ademais, na última década, Valentín García Gómez presentou en varios foros e publicacións a proposta da CTNL de organización dos SNL, consistente na creación dun consorcio interadministrativo e na aposta polo fortalecemento dos SNL, un proxecto que procuraba a eficiencia e que garantía a existencia de unidades técnicas en todo o país, algo que a Rede de Dinamización Lingüística non procura e que, como se demostrou, incluso prexudica gravemente, pois provocou o peche de 16 SNL.

ÚLTIMAS OPINIÓNS PUBLICADAS
Nas últimas semanas, o novo secretario xeral de Política Lingüística publicou un artigo no semanario Tierras de Santiago, no que colabora periodicamente, crítico co goberno de Ames, tamén do PP, por propor o peche do Servizo de Normalización Lingüística municipal. O mesmo semanario fíxolle, en novembro, unha entrevista tras o nomeamento como coordinador da Rede de Dinamización Lingüística: “Temos que saber vender lingua galega”.

Desde a CTNL solicitaremos de inmediato unha xuntanza con el para trasladarlle as demandas do colectivo e para reclamar un cambio de rumbo total na política lingüística do goberno galego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego