CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


27-07-2010

O constitucional deber de a coñecer

OPINIÓN: por Nel Vidal

Nel Vidal
Artigo publicado no número 506 de A Peneira

Xa está. Xa non hai dúbidas e xa non pode haber máis desculpas.

O Tribunal Constitucional botara abaixo nos 80 o deber de coñecer o galego que o noso parlamento acordara na Lei de normalización lingüística, mais había quen interpretaba que era porque ese deber era insconstitucional e quen interpretaba que era porque ese deber non podía estabelecerse nunha lei sen estar estabelecido no Estatuto. E a dúbida xa foi resolta agora polo mesmo Tribunal: o deber de coñecer o galego por parte dos cidadáns e cidadás de Galiza é constitucional.

O Estatut d´autonomia de Catalunya di, textualmente, na súa versión oficial en galego difundida pola propia Generalitat, que "o catalán é a lingua oficial de Cataluña. Tamén o é o castelán, que é a lingua oficial do Estado español. Todas as persoas teñen o dereito a utilizar as dúas linguas oficiais e os cidadáns de Cataluña o dereito e o deber de coñecelas".

Este deber de coñecer o catalán en Catalunya foi recorrido polo Partido Popular, mais o Tribunal Constitucional desestimou ese recurso.

Así que xa está. Quen queira que xuridicamente o galego sexa inferior ao castelán que o diga abertamente, mais agora xa non pode poñer como desculpa a carta magna do Estado español.


>O artigo na edición dixital de A Peneira
>O número 506 de A Peneira en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (1)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego