CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


25-06-2010

Convocatoria de prazas en 14 lectorados de galego de Europa e América

Rede de Estudos Galegos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 14 prazas en lectorados de galego, 11 en países de Europa e tres en América. O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de xullo


DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIA

Publicación: Diario Oficial de Galicia (DOG) do 25 de xuño de 2010

Prazas convocadas:
-Universidade Autónoma de Barcelona. Catalunya
-Universidade de Estremadura. España
-Universidade de Salamanca. España
-Universidade de Berlín. Alemaña
-Universidade de Tubinga. Alemaña
-Universidade Cristiana Albertina de Kiel. Alemaña
-Universidade de Leipzig. Alemaña
-Universidade de Gales. País de Gales
-Universidade de Varsovia. Polonia
-Universidade Nova de Lisboa. Portugal
-Universidade de Zádar. Croacia
-Universidade do Estado do Río de Janeiro. Brasil
-Universidade de São Paulo. Brasil
-Universidade da República. Uruguai

Titulación necesaria:
-Os/as licenciados/as en filoloxía galega, en filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués) ou en filoloxía románica -sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego- poderán solicitar calquera das prazas ofertadas.
-Os/as licenciados/as en tradución e interpretación unicamente poderán solicitar as prazas para os lectorados localizados nalgún dos seguintes países: Alemaña, Reino Unido, Polonia, Croacia e Francia; sempre que acrediten 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias de inglés ou, no canto deste, 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado.

Criterios de selección: valoración de méritos, de acordo coas puntuacións fixadas no anexo II da convocatoria

Duración: máximo de tres anos

Contía da bolsa:
-1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades do Estado español.
-1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades de fóra do Estado español.

Prazo de presentación: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria

Convocatoria completa, en .pdf, aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (0)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego