CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


23-06-2010

As mellores declaracións do concurso Lingua de Amor. Textos e cancións gañadoras

As mellores declaracións do concurso Lingua de Amor. Textos e cancións gañadoras
Na tardiña do venres 18 de xuño tivo lugar a xuntanza dos membros do xurado para elixir os/as gañadores/as da cuarta edición do concurso Lingua de Amor, certame do Consello da Xuventude de Galicia (CXG). Aquí están as declaracións e cancións gañadoras


O xurado de Lingua de Amor 2010 estivo composto por Dolores Vilavedra, crítica literaria; Manuel Gago, director de culturagalega.org; Francisco Alvarellos, da produtora A Casa de Música, e Yolanda Fernández e Nancy Domínguez, técnicas do Consello da Xuventude de Galicia (CXG), entidade organizadora do certame.

O obxectivo principal deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas comunicacións a través da rede e nos espazos de lecer.

Tras a deliberación do xurado, resultaron gañadoras as seguintes creacións:

DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1.º Premio: De mesturar a túa suor coa miña colonia, Uxía Pérez González (Vigo)


“Poderíamos fusionarnos. os nosos corpos. quizais tamén as nosas mentes. os sábados pola noite serían de cervexa e discos. de ti espido no sofá. do meu pelo na alfombra. de sexo. de mesturar a túa suor coa miña colonia. imaxínonos comendo cereais algunhas mañás. contándonos os hematomas das mordeduras nacidas nas noites de insomnio. en silencio.”


2.º Premio: Necesidade, Hugo Eiroá Dayán (Burela)

“Se me faltas ti, e as ganas de comer, morro.”


3.º Premio: Querer con pronome, Jessica Amado Dosil (Outes)


“Cheísta de corazón, nunca sei se "che quero" ou "te quero".
Eu, para asegurarme,
quéroche e quérote.
En tódalas variedades dialectais posibles, meu sol.”


Categoría B (de 20 a 35 anos):

1.º Premio: Imposto (r), Alcira Otero Cruz (Miño)

“Solicito algo máis que un borrador, unha cita previa. Insisto por internet, por teléfono e ata na túa oficina. Síntome obrigada a declarar: ingreso alterada, reteño o medo, gasto saliva e deduzo desprezo. Só desexo IRPF, unha Íntima Relación, Por Favor!

Marca cun X o resultado:

A ingresar [ ] A devolver [ ]”


2.º Premio: Sábesme a g(h)loria, Antonio Iglesias Mira (Arteixo)

“Cuando nos bicamos
tu e eu
somos realmente bilingües.”


3.º Premio: Amoreando amores, Carme Otero Cruz (Santiago de Compostela)


“Amor sabor amorodo
amoricoque amoreído
amorío amortecedor

será amoral, amorfo ou amortizable tanto amor?”

CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA

1.º Premio: Para beber auga e viño, Pablo González Costas (Cangas)


2.º Premio: Terra de amor, Xesús Xosé Iglesias González (Salvaterra do Miño)

3.º Premio: Fala galego, Marcos Fernández Vázquez (Ourense)

Ademais, todas estas persoas recibirán un lote de libros e música en galego.


O sábado 26 de xuño, ás 12.00 h, terá lugar o acto de entrega de premios na Biblioteca Pública Ánxel Casal, en Santiago de Compostela.


Ligazóns relacionadas

Web de Lingua de Amor

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (0)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego