CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


18-06-2010

XII Encontros para a normalización lingüística

XII Encontros para a normalización lingüística
O Consello da Cultura Galega, a través do CDSG e en colaboración coa CTNL, convoca os XII Encontros para a normalización lingüística, que terán lugar en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de setembro de 2010. O prazo de matrícula está aberto até o 15 de setembro


Como cada ano desde 1998, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega convoca os Encontros pola Normalización Lingüística, que se ofrecen como foro de reflexión, estudo e debate da ampla variedade de asuntos relacionados coa promoción do idioma galego, dirixido aos e ás profesionais e estudosos/as da normalización lingüística, aos e ás estudantes e ás persoas interesadas pola problemática e as políticas lingüísticas en Galiza.

Esta XII edición destes Encontros vai focar a súa atención na acción da cidadanía nas súas diversas expresións organizadas e en aspectos sociais nun senso amplo, sen esquecer a liña que se vén seguindo nos Encontros de seguimento de iniciativas e propostas e de revisión de accións xa realizadas.

Información completa dos XII Encontros para a normalización lingüistica

OBXECTIVOS
  • Contribuír ao estudo, a reflexión e o debate sobre a planificación lingüística en Galiza

  • Constituír un punto de encontro, análise e debate para todos/as aqueles/as profesionais que desenvolven o seu labor nos diferentes servizos de normalización lingüística en Galiza

  • Colaborar na formación continua de especialistas en planificación lingüística

PERSOAS DESTINATARIAS
  • Técnicos/as de normalización lingüística que desenvolven o seu labor nos servizos de normalización lingüística

  • Especialistas e estudosos/as do ámbito da planificación lingüística

  • Docentes que formen parte dos equipos de dinamización lingüística

DATAS
23 e 24 de setembro de 2010

LUGAR
Facultade de Ciencias da Comunicación. Santiago de Compostela

INSCRICIÓN
A través do seguinte formulario
Do 15 de xuño ao 15 de setembro

PROGRAMA PROVISIONAL

Xoves 23 de setembro

10.00 h INAUGURACIÓN DOS ENCONTROS

10.15 h RELATORIO: A participación social na elaboración das políticas lingüísticas en Galicia
-Xaime Subiela

11.00 h COLOQUIO

11.30 h CAFÉ-ENCONTRO

12.00 h Presentación de PROXECTA: Estudo de actitudes e opinións lingüísticas. Enquisa 2009 do Consello da Cultura Galega

12.30 MESA DE TRABALLO: Redes sociais: novos vieiros de acción colaborativa da cidadanía
- Alba Cid. Investigadora da USC
- María Yáñez. A Navalla Suíza

13.30 h COLOQUIO

16.00 h RELATORIO: Actitudes cidadás e mobilización ante os problemas sociais
-José Manuel Sabucedo. Universidade de Santiago de Compostela

16.45 h COLOQUIO

17.15 h PAUSA

17.45 h Presentación de PROXECTA: Galeoke. O karaoke galego

18.15 h MESA DE TRABALLO: A acción colectiva pola lingua
- Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
- GalegoLab
- Prolingua
- Queremos Galego

19.15 h COLOQUIO

Venres 24 de setembro

10.00 h PRESENTACIÓN: A Rede de dinamización lingüística
-Anxo Lorenzo. Secretaría Xeral de Política Lingüística

10.45 h COLOQUIO

11.15 h CAFÉ-ENCONTRO

11.45 h Presentación de PROXECTA: Toupa.net. Cultura para levar

12.15 h PRESENTACIÓN: Experiencias de intervención no sector comercial
- Beatriz Bascoi. SNL Concello de Ferrol
- Concepción Cochón. SNL Concello de Pontevedra
- Rosa Moreiras. SNL Concello de Ames

13.00 h COLOQUIO

16.00 h RELATORIO: A identidade como reclamo publicitario
-José Saavedra. Imaxe-Intermedia

16.45 h COLOQUIO

17.15 h PAUSA

17.45 h MESA DE TRABALLO: Mercado e lingua.
- Manuel Bermúdez. SNL da USC [A reclamación individual]
- Malú Bergantiños. R [O idioma como aposta empresarial]
- Iria Taibo. Abertos ao galego
- Foro Enrique Peinador

18.30 h CLAUSURA DOS ENCONTROS


PROXECTA. Mostra de servizos e produtos para a normalización lingüística

Durante os Encontros para a normalización lingüística terá lugar na propia Facultade de Ciencias da Comunicación PROXECTA, unha mostra das entidades que producen, xestionan, promocionan e/ou ofrecen servizos e/ou produtos relacionados coa normalización da lingua galega e que llelos queren achegar a todas as persoas e entidades vinculadas a este ámbito.

A visita a esta feira-mostra é libre e de balde.

En PROXECTA participarán:

-A Mesa pola Normalización Lingüística
-Algueirada. Acción cultural na rede
-Asociación de Medios Escritos en Galego
-Consello da Cultura Galega
-Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Diversos servizos de normalización lingüística (SNL) de diferentes entidades
-Eu falo.tv
-Foro Enrique Peinador
-GalegoLab
-Libraría Pedreira (selección de libros sobre política lingüística)
-Punto.Gal
-Queremos Galego
-Reverso / 2.0 Editora
-Secretaría Xeral de Política Lingüística
-Tagen Ata. Lingua e Comunicación
-Toupa.net. Cultura para levar


ORGANIZA

Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)

COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística

Información completa dos XII Encontros para a normalización lingüistica

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (0)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego