CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


10-06-2010

GalegoLab, para dar ideas e botar unha man en accións a prol do galego

GalegoLab, para dar ideas, botar unha man e colaborar en accións a prol do galego
Xa está en marcha GalegoLab, unha plataforma para o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega na que todas as persoas interesadas poden participar presentando ideas, valorando as das demais, transformándoas en proxectos, axudando a melloralas, colaborando no seu desenvolvemento, etc.


Organizar festas con música en galego; crear un grupo de lingüísticas que resolveran na rede dúbidas lingüísticas puntuais e urxentes; facer unha edición dixital de música en galego para practicar fitness; un concurso de vídeos no que se resuman as 24 horas dun ou dunha falante; etc.

Pinchadas da música, pero da boa ;-), Galego express: lingüista a domicilio, Galegogym ou 24 horas galego fullscreen son algunhas das propostas que se poden atopar xa no web de GalegoLab, e que todas as persoas que queiran poden xa valorar, comentar, transformar en proxectos, colaborar con recursos materiais ou económicos ou con tempo e ideas, etc. E se non che gusta ningunha destas propostas, pois podes facer a túa!

En GalegoLab podes dar ideas, botar unha man e colaborar en accións a prol do galego

Mais, que é isto de GalegoLab?
GalegoLab é unha organización sen fin de lucro que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega.
GalegoLab é unha nova forma de organizarse e de colaborar en proxectos que teñan por obxectivo a promoción da lingua galega, pois:
  • Unha boa idea, ben presentada e ben traballada, pode chegar lonxe

  • Entre moitos e moitas pode facerse posible o difícil

  • Aínda que o debate é interesante, o prioritario é pasar á acción

GalegoLab baséase no crowdsourcing. E iso que vén sendo?
O crowdsourcing é a organización de grupos informais de xente para conseguir obxectivos reais e concretos.

A Wikipedia ou Linux son exemplos coñecidos de crowdsourcing, onde moitos e moitas se teñen xuntado para cooperar na medida das súas posibilidades, e de xeito electrónico.

Vale, pero eu, que podo facer?
En GalegoLab podes facer cinco cousas principais:
  • Presentar ideas de accións concretas para a promoción da lingua galega

  • Transformar ideas en proxectos

  • Axudar a mellorar as ideas doutras usuarias

  • Priorizar cos teus votos as propostas prioritarias

  • Colaborar na realización de proxectos

Para poder facer todo isto, só tes que te rexistrares aquí.

Tamén podes facerte socio/a da asociación GalegoLab aquí.

http://galegolab.org/

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (0)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego