CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


22-01-2010

A nosa compra en galego

A nosa compra en galegoO Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña lanza a campaña "A nosa compra en galego" que pretende promover entre os/as usuarios/as e os/as comerciantes dos mercados o uso da lingua galega achegando o léxico galego dos produtos que normalmente están á venda nun mercado.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña elaborou uns cadernos con dupla finalidade: por unha banda conteñen unhas follas en branco que permiten elaborar unha listaxe da compra e, por outra, recollen o léxico de uso máis frecuente na actividade dos mercados.

Estes cadernos teñen como obxectivo o achegamento aos usuarios das formas tradicionais galegas da nomenclatura asociándoo a un elemento utilitario da vida cotiá.

Ademais, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza diversas actuacións artísticas e culturais nos recintos dos mercados. Estes espectáculos tentan promover a valoración dos recintos dos mercados como medio de transmisión cultural e da lingua galega.

Programa:

• Sábado 23 de xaneiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal das Conchiñas, espectáculo de danza da bailarina Begoña Cuquejo.
• Sábado 30 de xaneiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal de Santo Agostiño, espectáculo de música da artista Lucía Aldao.
• Sábado 6 de febreiro de 2010, ás 12.00 h, no Mercado Municipal da praza de Lugo, espectáculo de poesía do escritor Estevo Creus.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (0)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego