CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


7983 votos
Votar | | | |


12-01-2010

Convocatoria de cursos Celga para 2010

CelgaÁbrese o prazo para a solicitude de realización de cursos preparatorios en 2010 para a obtención dos Celga, tanto por parte de colectivos como por parte de persoas particulares. A Secretaría Xeral de Política Lingüística non ten en conta ningunha das propostas de mellora realizada pola CTNL e a convocatoria presenta numerosos problemas.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG do 11 de xaneiro a Resolución pola que se anuncian 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, tanto para particulares (persoas adultas) como para colectivos, no ano 2010 [corrección de erros no DOG do 25 de xaneiro]

DESTINATARIOS

- Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas.

- Particulares que desexen participar nalgún dos 76 cursos programados que figuran na convocatoria, e que terán lugar en: A Coruña, Betanzos, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ribadeo, Monforte, Vilalba, Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín, Pontevedra e Vigo.

PRAZO PARA IMPARTIR OS CURSOS

Desde o 22 de marzo até o 19 de novembro de 2010.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

- Colectivos: até o día 27 de febreiro de 2010.

- Particulares: até o 10 de febreiro para os cursos programados entre marzo e xuño; até o 21 de xuño para os cursos programados en xullo e agosto; e até o 10 de setembro para os cursos programados para setembro, outubro e novembro.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

- Colectivos: anexo de solicitude e listaxe de persoas preinscritas (apelidos, nome e número de documento de identidade).

- Particulares: anexo de solicitude


CONVOCATORIA COMPLETA, ANEXOS E CURSOS PROGRAMADOS

-A convocatoria foi publicada no DOG do 11 de xaneiro de 2010 e pode descargarse en formato .pdf aquí

-Corrección de erros no DOG do 25 de xaneiro, pola que se modifican os prazos


A pesar de que en outubro de 2009 a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fixo unha proposta para corrixir os numerosos problemas que había na convocatoria dos cursos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fíxolle caso omiso, non corrixiu nin unha soa das eivas e non tivo en conta nin unha soa das propostas feitas desde a CTNL.

Deste xeito, nos próximos días a CTNL enviaralle á SXPL unha reclamación na que se lle solicitará a modificación desta convocatoria, xa que presenta moitos problemas básicos que terían que ser corrixidos, como por exemplo:
  • Falta de universalidade e de planificación territorial, xa que maioritariamente se deixan á petición de colectivos, sen unha planificación territorial previa.

  • Desconsideración absoluta dos servizos de normalización lingüística (SNL) que, na práctica, son quen maioritariamente xestionan e difunden os cursos e a inscrición das persoas participantes. Non hai ningún contacto nin coordinación previa cos SNL e nin sequera se teñen en conta na convocatoria.

  • Desfasamento temporal ilóxico entre o momento da solicitude dos cursos e as datas de impartición: os concellos ou outras entidades que queiran organizar un curso que comece no mes de setembro teñen que achegar xa a listaxe de persoas preinscritas no mes de febreiro, con sete meses de antelación.

  • Descoordinación entre as datas de inscrición nas probas e as datas de comezo dos cursos: o prazo para inscribirse nas probas do mes de maio remata o 25 de marzo, mentres que a resolución da concesión de cursos a colectivos se publicará o 31 de marzo. Polo tanto, moitas persoas estarán obrigadas a matricularse nos exames sen saber se teñen oportunidade de participar nun dos cursos preparatorios solicitados por unha entidade.

  • Falta de garantías na realización dos cursos para colectivos: aínda que un concello ou colectivo abra agora un prazo de preinscrición e se anoten un mínimo de 25 persoas, estas non teñen ningunha garantía de que ese curso finalmente se realice. Xa que logo, non ten sentido que os SNL teñan que previamente programar un curso e inscribir xente para que logo a SXPL lle diga se realmente vai haber ese curso ou non.

  • Inexistencia dun certificado de asistencia aos cursos que recoñeza as horas de formación nas que se participa.

  • Competencia lingüística desigual do alumnado: para participar nun curso dun determinado nivel non é necesario nin facer unha proba de nivel nin acreditar coñecementos ou a obtención de niveis previos, o que provoca que o nivel do alumnado de cada aula sexa moi dispar, coa conseguinte dificultade que isto implica para o eficiente desenvolvemento da docencia.

  • Exceso de número de alumnos/as por aula: até 30 alumnos/as por aula é un número excesivo para unha aprendizaxe lingüística de calidade e eficaz. A formación en lingua require grupos máis reducidos.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego