01-06-2009V Curso de verán de dinamización lingüística. Traballando en lingua. Do compromiso individual aos argumentos
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), organizan a quinta edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o compromiso individual e os argumentos. O curso ten lugar en Carballo os días 15, 16 e 17 de xullo. O prazo de preinscrición está aberto até o 23 de xuño.
CONSULTA AQUÍ A LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E O ESTADO DA TÚA MATRÍCULALIÑAS TEMÁTICAS- Reflexionar sobre a realidade da lingua galega na actualidade
- Introducir casos prácticos de compromiso individual co idioma
- Escoitar as razóns para o mantemento lingüístico e para as mudanzas de idioma no caso galego
- Avaliar as posibilidades de éxito das políticas lingüísticas institucionais
- Ofrecer argumentos a prol do uso da(s) lingua(s)
- Recoñecer o pasado inmediato como un espazo para confluír na modificación das actitudes
DATAS15, 16 e 17 de xullo de 2009
LUGARPazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo
Mapa en Google MapsDURACIÓN25 horas
PERSOAS DESTINATARIASTodas aquelas persoas interesadas na dinamización lingüística e no proceso de normalización da lingua galega, especialmente as que traballen nestes ámbitos específicos: estudantado; técnicos/as de normalización lingüística; técnicos/as de cultura; animadores/as socioculturais; asistentes/as sociais; docentes (de primaria, de secundaria e de ciclos formativos).
No curso poden participar un máximo de
60 persoas.
CUSTO DA ACTIVIDADE30 euros para as persoas que pertenceren aos seguintes colectivos: comunidade universitaria, persoas desempregadas, persoal da UDC e socios/as da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)
50 euros para todas as demais persoas participantes
INSCRICIÓNO prazo de
preinscrición está aberto até as 14.00 h do día
23 de xuño.
Debe facerse enviando cuberto o formulario ao SNL da Universidade da Coruña (snl@udc.es; fax: 981167041).
A relación de persoas admitidas publicarase na
páxina web do SNL da UdC. A matrícula débese
formalizar definitivamente pagando as taxas até as 14.00 h do día
6 de xullo e entregando no SNL o xustificante de pagamento até as 14.00 h do día
9 de xullo.
Texto completo da convocatoria [.pdf]Programa [.pdf]Folla de preinscrición [.doc]
PROGRAMAMÉRCORES 15 DE XULLO10.00h-10.15h: Recepción e entrega de documentación
10.15h-11.00h: Inauguración e almorzo conxunto de benvida
-
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-
Xoán Manuel Sande, deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
-
Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
-
Goretti Sanmartín, directora do SNL da UdC
-
Nel Vidal, presidente da CTNL
11.00h-12.30h:
Por que e para que hai que defender as linguas ameazadasMiquel Strubell i Trueta, Universitat Oberta de Catalunya
12.30h-14.00h:
Estado democrático e normalización lingüísticaLuís Villares Naveira, xuíz e coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia
14.00h-16.00h: Xantar conxunto
16.00h-18.30h:
Do compromiso individual aos argumentos: Grupos de traballo e debate
1) Lingua e ensino
Coordina: Valentina Formoso Gosende
2) O mantemento lingüístico
Coordina: Xabier Camba Sanmartín
3) Lingua e xénero
Coordina: Nuria Seoane Bouzas
18.30h-19.00h: Pausa-café
19.00h-20.30h:
Aproveitamento das redes de apoio á lingua por parte dos SNL. Deseño de accións de implicación colectivasIolanda Gómis Parada, Tagen Ata, Lingua e Comunicación.
XOVES 16 DE XULLO10.00h-11.15h:
Pegadas actuais da represión lingüística exercida sobre o galego ao longo do s. XXPilar Freitas Juvino, IES Valle Inclán de Pontevedra
11.15h-11.45h: Pausa-café
11.45h-13.30h: Táboa redonda:
A necesaria perspectiva individual na defensa dos nosos dereitos-Miguel Moreira Barbeito, Universidade de Santiago de Compostela
-Beatriz Vilaverde Santamariña,
A liña do galego. A Mesa pola Normalización Lingüística
13.30h-15.00h: Videoconferencia co I Congreso de Servizos Lingüísticos de Territorios de Fala Catalá
15.00h-17.00h: Xantar conxunto
17.00h-19.30h:
Do compromiso individual aos argumentos: Grupos de traballo e debate
4) O papel da irradiación lingüística
Coordina: Nel Vidal Barral
5) A integración no galego desde outras realidades
Coordina: Rosa Moreiras Cuñarro
6) Bilingüismo e conservación do idioma
Coordina: Isabel Vaquero Quintela
19.30h-20.00h: Pausa-café
20.00h-22.00h: Representación da obra
Comedia Bífida, de M. Núñez Singala
Grupo de Teatro Bicodobrelo
VENRES 17 DE XULLO10.00h-12.00h:
Do compromiso individual aos argumentos: Lectura (por parte dos/as coordinadores/as) das conclusións tiradas por cada grupo. Debate plenario
12.00h-12.30h: Pausa-café
12.30h-14.00h:
A inutilidade das linguasGoretti Sanmartín Rei, Universidade da Coruña
14.00h-15.00h:
Do compromiso individual aos argumentos: Lectura das conclusións finais
15.00 h: Remate do curso
ORGANIZA-Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da CoruñaCOLABORAN-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)-Concello de Carballo
Texto completo da convocatoria [.pdf]Programa [.pdf]Folla de preinscrición [.doc]