CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


12772 votos
Votar | | | |


18-02-2009

O futuro inmediato. O que as organizacións políticas queren facer coa lingua na vindeira lexislatura

Análise: por Nel Vidal Barral

Partidos políticos elección 1 de marzo de 2009Co obxectivo de dar a coñecer as posturas lingüísticas das organizacións políticas e os proxectos de política lingüística para a vindeira lexislatura, ofrecemos aquí, de xeito esquemático, unha análise das propostas en materia de lingua dos programas que as distintas formacións presentan de cara ás eleccións ao Parlamento galego do 1 de marzo.


BNG
Igualdade xurídica de galego e castelán no novo Estatuto, rede territorial consorciada de servizos de normalización e medidas en todos os ámbitos e desde todas as áreas do goberno

-Apartado: “Lingua”, dentro de “Avanzando no ensino, a lingua e a cultura”.
-Localización: no medio do programa, entre desenvolvemento económico e ordenación territorial.
-Páxinas: 5 de 210 (ademais de moitas outras medidas transversais recollidas en practicamente todos os apartados do programa). [2,4%]
-Idioma: galego.
-Análise xeral do programa:
  • O BNG presenta un amplo programa de política lingüística, cunha análise crítica da acción do goberno na lexislatura 05/09, da que se di que houbo “tépedos avances ligados a consellarías gobernadas por nacionalistas”, mais que non houbo un verdadeiro cambio transformador, debido en gran parte á “actitude pasiva, de inanición total e mesmo ás veces contraproducente, da Secretaría Xeral de Política Lingüística”. Deste xeito, o BNG considera que esta foi “unha lexislatura practicamente perdida que cómpre recuperar impulsando a SXPL para que cumpra os obxectivos para o que foi creada”.

  • Co obxectivo de “normalizarmos a situación da lingua e estendermos a toda a sociedade o uso do galego”, o BNG presenta un completo programa de obxectivos e medidas estruturadas en 12 puntos, baseándose en que a normalización debe ser un compromiso de todo o goberno e non unha materia en exclusiva dun departamento: administración, novas tecnoloxías, mocidade, comunicación, economía, deporte, cultura, xustiza, relixión, migración, achegamento ao ámbito galego-portugués e galego exterior.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Igualdade xurídica do galego co castelán no novo Estatuto de Nación para Galiza.

  • Cumprimento dos obxectivos do PXNLG como paso inicial de normalización social da lingua.

  • Creación dunha rede estruturada e coordinada de servizos de normalización lingüística de carácter territorial, unha estrutura nacional consorciada que concite os esforzos das diferentes administracións públicas e entidades privadas.

  • Vinculación de todas as contratacións e axudas públicas de todos os ámbitos ao uso da lingua galega.

PPdeG
Bilingüismo, derrogación do Decreto de promoción do galego no ensino e oficina para a defensa dos dereitos lingüísticos de falantes de castelán e galego

-Apartado: “Lingua”, dentro de “Lingua, cultura e patrimonio”, dentro do programa de “Autogoberno”.
-Localización: último apartado do programa, despois de relacións institucionais e acción exterior.
-Páxinas: 10 de 320 (ademais dalgunha referencia xeral nalgúns apartados concretos). [3,1%]
-Idioma: galego.
-Análise xeral do programa:
  • O programa de lingua do PP comeza cunha ampla introdución na que se critica a política lingüística do bipartito, que “ao servizo dos intereses dunha minoría nacionalista pretende impoñer o monolingüismo, apostando pola substitución das políticas de fomento e de promoción, a favor de políticas de imposición e de sanción”.

  • No seu programa o PP recoñece que para a normalización da lingua “aínda queda terreo por percorrer nalgúns ámbitos públicos e sociais: a xustiza, a empresa, as novas tecnoloxías e os medios de comunicación, entre outros”, para o que aposta por un “bilingüismo integrador baseado no coñecemento por todos de ambas as linguas e no dereito da libre opción lingüística”.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Derrogación do Decreto de fomento do uso do galego no ensino para garantir o libre uso das linguas galega e castelán nas relacións entre profesorado e alumnado nos exames, textos e materiais.

  • Creación dunha oficina de dereitos lingüísticos para tramitar queixas en relación co uso do galego e do castelán.

  • Homoxeneización, a través un único Centro de formación, da obtención dos coñecementos de galego e expedición de títulos.

  • Aplicación a empresas da exención fiscal prevista na Lei de normalización lingüística e no PXNLG.

PSdeG-PSOE
Fomento dos valores do plurilingüismo, promoción da diversidade lingüística e Consello Social da Lingua

-Apartado: “Política lingüística”, dentro de “A cultura: un dereito de todos e todas”.
-Localización: no medio do programa, entre universidade e sanidade.
-Páxinas: 1/2 de 225 (ademais dalgunha referencia xeral nalgúns apartados concretos). [0,2 %]
-Programa en galego.
-Análise xeral do programa:
  • No escaso espazo dedicado á política lingüística, o programa do PSdeG-PSOE considera que “o galego é o noso patrimonio singular, como o español é un patrimonio compartido e ás institucións e aos cidadáns de Galicia, correspóndelles a responsabilidade de garantir e estimular o seu coñecemento e uso a través dun modelo de educación plurilingüe e aberto”.

  • O programa do PSdeG-PSOE baséase no “fomento do multilingüismo” e nos “valores do plurilingüismo en Galicia, España e Europa”.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Elaboración dun Plan estratéxico de política lingüística que delimite as prioridades de actuación.

  • Creación dun Consello Social da Lingua Galega.

  • Fomento dos valores do plurilingüismo e promoción da diversidade lingüística en España e Europa.

EU-IU
Ensino comprometido coa lingua galega

-Apartado: non hai un apartado específico de política lingüística, tan só algunhas referencias xerais nos apartados de educación e cultura.
-Localización: -
-Páxinas: 0 de 160. [0%]
-Idioma: galego.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • A única proposta relacionada coa lingua que se fai en todo o programa é: ensino comprometido coa lingua galega, respectando de forma firme o decreto de normalización lingüística.

FPG
Monolingüismo social, inmersión lingüística no ensino e introdución do galego en todos os ámbitos

-Apartado: “Política lingüística”.
-Localización: é o último apartado do programa, despois de política cultural e educativa.
-Páxinas: 2 de 30. [6,7%]
-Idioma: galego.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Plan integral de inmersión lingüística en todos os niveis do ensino obrigatorio.

  • Introdución do galego en todos os ámbitos.

  • Retirada de apoio a publicacións non escritas en galego maioritariamente e mais a propostas alleas á normalización.

NÓS UP
Plena hexemonía do galego, retirada da condición de oficial ao español e unidade lingüística galego-luso-brasileira

-Apartado: “Direitos nacionais e lingüísticos”.
-Localización: no medio do programa, entre dereitos democráticos e dereitos laborais.
-Páxinas: 1/8 de 1. [12,5%]
-Idioma: galego (norma reintegracionista)
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Oficialidade única do galego e progresiva retirada da condición de oficial ao español.

  • Recoñecemento oficial da unidade lingüística galego-luso-brasileira.

Tega
Bilingüismo de verdade, deber de coñecer os dous idiomas e cumprimento da Lei de normalización lingüística

-Apartado: “Língua”, dentro de “Rexeneración social”.
-Localización: penúltimo apartado do programa, antes de medio ambiente.
-Páxinas: 1 de 59. [1,7%]
-Idioma: galego.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Dereito de usar e deber de coñecer as dúas linguas oficiais por parte de toda a cidadanía.

  • Cumprimento da Lei de normalización lingüística.

UPyD
En contra da promoción do galego, derrogación de todas as normas que a apoian, división do alumnado segundo a lingua e introdución do castelán en toda a administración e na RTVG

-Apartado: “La lengua: un problema artificial”, dentro de “Unión”.
-Localización: primeiro apartado do programa, despois da presentación.
-Páxinas: 4 de 62 (ademais de moitas outras referencias en case todos os apartados do programa). [6,5%]
-Idioma: só en castelán.
-Algunhas das propostas máis salientábeis:
  • Derrogación do decreto de fomento de uso do galego no ensino, da Lei de normalización, dos artigos lingüísticos da Lei de función pública, etc.

  • Disolución dos equipos de normalización e dinamización lingüística.

  • Eliminación da necesidade de coñecemento de galego para traballar na administración.

  • Introdución do castelán na RTVG e en todas as institucións.

Consulta tamén a análise da acción de política lingüística desde o goberno galego nos últimos catro anos e propostas para a vindeira lexislatura


Ligazóns relacionadas


O futuro inmediato. O que as organizacións políticas queren facer coa lingua na vindeira lexislatura [.pdf, 190 Kb]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego