CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


11-10-2023

O LGx15 de 2023 será no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro

LGx15 2023

Anunciamos a novena edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro ás 19.00 h, coa colaboración da SXPL, do Concello de Pontevedra, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.

Segue
30-07-2023

En agosto volve #veránlingua, o cancelo estival para revisarmos recursos

#veránlingua

Por segundo ano consecutivo, desde a CTNL durante este mes de agosto, ademais das novas de interese para o colectivo que se produciren, compilaremos día a día na nosa conta de Twitter, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos… Porque entendemos que o verán é tempo de facer as cousas con máis vagar e temos a oportunidade de deternos nalgúns recursos que talvez xa anunciamos durante o ano, pero agora podemos revisar cando os días son máis longos e solleiros. Tamén poder dirixir a ollada cara a outros dominios lingüísticos e ver e saber máis sobre o que se está a facer neles.

Segue
27-06-2023

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón

Concello de Narón

O Concello de Narón publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza de normalización lingüística. Este texto aprobouse no Pleno da Corporación do pasado 27 de abril.

Segue
13-04-2023

Queremos Galego convoca concentracións o 17 de maio para reivindicar o galego, aquí e agora

En galego, aquí e agora

A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca para o 17 de maio concentracións nas cidades e nas principais vilas de Galiza. O lema da convocatoria deste ano de eleccións locais é "En galego, aquí e agora".

Segue
21-03-2023

PuntoGal e a CTNL colaboran para potenciar a difusión de produtos en galego

PuntoGal e Agasallo

A asociación PuntoGal e a CTNL acabamos de asinar un convenio de colaboración para traballar conxuntamente na difusión de produtos en galego por medio do proxecto Agasallo.

Segue


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego