CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


13-02-2010

Namórate da lingua!

Namórate da linguaAs rapazas e os rapaces de 14 e 15 anos de Santiago de Compostela atoparán enriba dos seus pupitres un convite para unha cita a cegas, co lema "Ven e namórate da lingua!". Esta campaña de promoción do galego do Concello de Santiago aproveita a data do 14 de febreiro para promover a afectividades dos/as escolares coa lingua galega.

Un ano máis, o Concello de Santiago de Compostela presentou unha campaña de promoción lingüística que aproveita a data de San Valentín (14 de febreiro) para fomentar relacións afectivas cara ao idioma. "Namórate da lingua" é o lema desta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO.

"Namórate da lingua" está dirixida a escolares duns 14 ou 15 anos, por seren estas idades moi vinculadas ao descubrimento das relacións afectivas. A campaña xa está sendo difundida nos centros de ensino do Concello, onde mozas e mozos atopan a imaxe co lema da campaña: "Tes unha cita a cegas. Ven e namórate da lingua". O obxectivo é fomentar a creatividade e as relacións sociais da mocidade para incentivar un xogo de interese, descuberta e diversión coa lingua.

Enriba dos seus pupitres os alumnos e as alumnas atoparán unha das 4.000 carautas que se repartirán coas instrucións para participar na iniciativa. Terán que escribir na carauta un slogan que fomente as relacións afectivas cara á lingua galega, facerse fotografías coa carauta posta e subilas ao web www.namoratedalingua.com. A máscara debe cubrir completamente a cara e impedir a identificación das persoas que nela aparezan. Poderán subirse as fotos e lemas até o 19 de febreiro.

Tamén neste web, calquera pode votar as fotografías e slogans que máis lles gusten. Para os lemas máis orixinais e creativos haberá agasallos tales coma unha cámara de fotos, un vale para mercar libros, un MP4 ou entradas para concertos.

Información sobre a presentación da campaña, no web do Concello de Santiago de Compostela

www.namoratedalingua.com

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios

Comentario(s) (0)Deixa o teu comentario


volver



Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2010
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    • XII Encontros
    • Axenda da lingua
    • Asociate á CTNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Marcadores
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Revisar a corrección
    • Eu.gal: Por un dominio galego