CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8757 votos
Xa votaches!


05-06-2012

VIII Curso de verán de dinamización lingüística: Xustiza social e dinamización lingüística

VIII Curso de verán de dinamización lingüística: Xustiza social e dinamización lingüística
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e a SXPL, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta oitava edición leva por título "Dinamización lingüística e xustiza social". O curso terá lugar no Fórum Carballo os días 18, 19 e 20 de xullo. O prazo de inscrición xa está aberto


OBXECTIVOS
O obxectivo principal deste curso é fortalecer a idea de normalización lingüística como máis unha causa para reivindicarmos a xustiza social. Ademais, isto serve para vincular a dinamización da lingua co ecoloxismo, o feminismo, a cooperación para o desenvolvemento, a defensa das persoas desfavorecidas, etc. Procurarase amosar a oportunidade e necesidade de conectar e crear vínculos entre diferentes espazos que procuran unha maior xustiza social. Ao mesmo tempo deseñaremos iniciativas para que os movementos, colectivos, asociacións etc., que desenvolvan esas causas asuman máis activamente a defensa da normalización lingüística como algo propio que ten que formar parte de seu da súa programación cotiá.

DATAS
18, 19 e 20 de xullo de 2012

LUGAR
Fórum Carballo [Indicacións en Google Maps]
Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa
Carballo

DURACIÓN
20 horas

INSCRICIÓN
-PRAZO: ata o 12 de xullo ás 14.00 h (ou até que se esgoten as prazas)
-LÍMITE DE PRAZAS: 80, por orde de inscrición
-PREZO: 30 € para os/as socios/as da CTNL (70 € matrícula xeral). A matrícula inclúe as 20 horas de formación, a actividade lúdica (concerto), os cafés de media mañá os tres días e os xantares do mércores e do xoves
-MATRÍCULA: a matrícula debe facerse aquí, mediante os impresos de pagamento, cubríndoos, imprimíndoos, facendo o pagamento no banco ou caixa e enviando a copia validada polo banco no prazo de 48 horas ao enderezo electrónico occocc@udc.es ou ao fax 981 167 013. No caso de matrícula reducida para estudantado, comunidade da UDC ou persoas desempregadas, é imprescindible achegar tamén o documento que certifique esta circunstancia. No caso dos/as socios/as da CTNL, no correo eletrónico ou fax que envíen coa copia validada do banco, deben indicar que pagaron matrícula reducida (30 €) por seren socios/as da CTNL, e así xa o comproban na universidade a través da listaxe de socios/as.

PROGRAMA

MÉRCORES 18 DE XULLO
10.00 h Recepción
10.30 h Inauguración
11.00 h A sustentabilidade lingüística desde a perspectiva da xustiza social
-Père Comellas (profesor da Universidade de Barcelona)
12.30 h Pausa-café
13.00 h Legalidade e lexitimidade. A xustiza social e a xustiza xurídica. Proximidades e distancias
-Luís Villares (maxistrado da Audiencia Provincial de Lugo)
14.30 h Xantar conxunto
16.30 h Pódese ser feminista e non defender o galego? Pódese defender o galego e non ser ecoloxista? Sobre coherencia e ligazón de causas
-Isabelle Kerdudo (activista no ámbito da ecoloxía e a lingua)
-Laura Bugalho (activista no ámbito da emigración, as liberdades sexuais e o sindicalismo)
-Ana Xesús López (activista no ámbito do feminismo)
18.00 h Descanso
18.30 h Grupos de traballo sobre coherencia e ligazón de causas xustas

XOVES 19 DE XULLO
10.30 h Liberdades sexuais, xustiza e defensa da diversidade lingüística
-Lucía Vázquez (activista no ámbito das liberdades sexuais)
12.00 h Pausa-café
12.30 h Movementos sociais e uso do galego. Sobre lingua, activismo e intervención
-Séchu Sende (profesor e activista social)
14.00 h Xantar conxunto
16.30 h Lingua e conexión de causas xustas no asociacionismo local
-Senda Nova (asociación ecoloxista)
-Adiante (asociación para a cooperación)
-Proxectando (asociación xuvenil)
-Ceibo (asociación de persoas inmigrantes uruguaias)
18.00 h Descanso
18.30 h Grupos de traballo sobre acción e colaboración desde o ámbito da lingua con outros ámbitos
22.30 h Concerto de Xoán Curiel. Na Cervexaría Dublín de Carballo

VENRES 20 DE XULLO
10.00 h Asociacionismo e reivindicación da lingua como causa xusta
-Mariló Candedo (presidenta de Nova Escola Galega)
-Xoán Costa (presidente da AS-PG)
-Marta Dacosta (directiva da AELG e CIG-Ensino)
11.30 h Pausa-café
12.00 h Conclusións e ideas
13.00 h Tempos para a sustentabilidade da vida: lecturas feministas da crise e propostas de transformación
-Astrid Agenjo (economista experta en cidadanía e intervención da Universidade de Sevilla)

+Info no web do SNL da UdC >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego