CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


CTNL  (11-03-2024)

Nova directiva da CTNL presidida por Mónica Fernández Valencia

Nova directiva da CTNL

Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 9 de marzo foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Mónica Fernández Valencia, con Paula Soto como secretaria e Xesús Mosquera como tesoureiro. Na asemblea tamén se deu conta do traballo do último ano e debatéronse as liñas de acción para 2024.

Segue
CTNL  (31-01-2024)

Asemblea Xeral da CTNL: 9 de marzo en Compostela (asemblea, xantar e roteiro por Compostela)

Imaxe da Asemblea de 2023

A CTNL convoca as súas socias e socios á Asemblea Xeral ordinaria de 2024, que terá lugar o sábado 9 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Alén de programarmos o novo ano, nesta Asemblea escollerase unha nova Xunta Directiva. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio e un roteiro por Compostela, aos cales poden acudir socios/as e non socios/as.

Segue
CTNL  (28-11-2023)

Consulta ás socias e socios da CTNL

Asemblea da CTNL

Para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, na última asemblea xeral da CTNL aprobamos realizar unha consulta ás persoas asociadas. Podes cubrila aquí até o 23 de decembro.

Segue
CTNL  (16-10-2023)

A CTNL lamenta a supresión do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua fai público un comunicado para expresar o malestar pola supresión inesperada do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e solicita a recuperación do servizo o antes posible.

Segue
Convocatorias  (14-10-2023)

Bases da convocatoria de axudas da Deputación da Coruña para os SNL en 2024

Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 11 de outubro de 2023 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2024. O prazo de presentación de solicitudes é do 20/10/2023 ás 08:00 h ao 21/11/2023 ás 14:00 h.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego